Adrián Vázquez
Nacido en Lugo, Galicia, España en 1979, Adrián Vázquez Fernández é Licenciado en Filosofía e Doutor en Moral e Política pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén realizou estudos de Máster en Política e Democracia na UNED. Profesor durante oito anos na Área de Moral e Política na Facultade de Filosofía USC e na Facultade de CC. da Educación da UVigo. Realizou estanzas de investigación na Northwestern University, Evanston, Illinois, xunto ao Profesor Ernesto Laclau. As súas liñas de investigación céntranse no estudo dos modelos democráticos e a súa interacción cos movementos sociais baixo o prisma da teoría do populismo aplicado á lexitimidade das institucións no marco da U.E.